Monday 13 de May de 2024

O parque Jose Martí acolle unha exposición fotográfica sobre os océanos ata o 30 de xullo


Xa é posible visitar ata o vindeiro 30 de xullo a exposición “Os Nosos Océanos” no parque Jose Martí de Santa Cristina. Trátase dunha mostra de imaxes que presenta a biodiversidade mariña que ten como obxectivo concienciar de que todo o que coñecemos provén e depende dos océanos.

Esta exposición conta con imaxes espectaculares de baleas iubartas, osos polares, peixes bolboreta, a quenlla peregrina ou unha colectividade de golfiños, poboan, entre outras moitas especies, as imaxes cheas de cor e vida da mostra.

A mostra, que ten como comisario a Joaquín Araujo, enmárcase no perfil social do labor cultural de Afundación Obra Social ABANCA. A entidade entende que levar a mostra á rúa é a canle máis directa para acurtar distancias entre a sociedade e a cultura.